luns, 19 de setembro de 2016

TEXTO

Ti dis: Galiza é ben pequena. Eu dígoche: Galiza é un mundo. Cada
terra é coma se fose o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo
do Norte para o Sul, do Leste para o Oeste noutro tanto; poderala
volver andar outra vez e máis: non a has dar andado. E de cada vez
que a andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos.
Pode ela ser pequena en extensión; en fondura, en entidade, é tan
grande como queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves.
[...] Do grandor do teu espírito depende todo; canto máis pequeno
sexa, máis terra precisará. Se o teu pensar é fondo, a túa terra, para
ti, non terá cabo, nela estará o mundo todo con todos os seus climas.
Se o teu pensar se detén na códea das cousas, non digas tampouco:
Galiza é ben pequena; es ti, que endexamais poderás concibir nada
grande.”
LERIA

Vicente Risco (1961)