luns, 19 de setembro de 2016

TEXTO

Ti dis: Galiza é ben pequena. Eu dígoche: Galiza é un mundo. Cada
terra é coma se fose o mundo enteiro. Poderala andar en pouco tempo
do Norte para o Sul, do Leste para o Oeste noutro tanto; poderala
volver andar outra vez e máis: non a has dar andado. E de cada vez
que a andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos.
Pode ela ser pequena en extensión; en fondura, en entidade, é tan
grande como queiras, e dende logo, moito meirande de como ti a ves.
[...] Do grandor do teu espírito depende todo; canto máis pequeno
sexa, máis terra precisará. Se o teu pensar é fondo, a túa terra, para
ti, non terá cabo, nela estará o mundo todo con todos os seus climas.
Se o teu pensar se detén na códea das cousas, non digas tampouco:
Galiza é ben pequena; es ti, que endexamais poderás concibir nada
grande.”
LERIA

Vicente Risco (1961)


Vídeo de paisaxes fermosas




Ti cres que son paisaxes moi fermosos?
Que debe ter un lugar para que che pareza fermoso?

PAISAXES

Imos ver diferentes paisaxes:

































RESPONDE A ESTAS PREGUNTAS:

- cal che gustou máis?
- por que?
- cal che gustou menos?
- por que?
- saberías decir de onde son?
- se estiveras alí, que cres que estarías oíndo?
- e que estarías ulindo?
- cal che provocou unha emoción máis forte?
- cal elixirías para ir agora mesmo, se iso fose posible?
- cres que todas son de paisaxes?
- define o que ti conseideras que significa a palabra paisaxe
- cal dirías que é, agora mesmo, a paisaxe que máis che gusta do mundo.
- por que?