martes, 11 de outubro de 2016

Traballo: Os meus lugares máis bonitos

Tedes que facer unha presentación onde aparezan os 10 lugares do mundo máis bonitos para vós. Non se poden repetir os da presentación que hai no blog. Podedes facelo de xeito individual ou en parellas. Logo hai que presentalas na clase.

luns, 3 de outubro de 2016

1ª SAÍDA

ACTIVIDADES:

1. Elaborar un debuxo sinxelo da paisaxe que se observa (poñédelle o nome)

2. Que sensacións che produce: son positivas ou negativas. Razoar a resposta
3. Gústache esta paisaxe: si ou non. Por que?
4. Que cor predomina?
5. Que se escoita? (cos ollos pechados é máis fácil)
6. A que ule?
7. É un lugar ao que vas a miúdo? Se a resposta é si explica o motivo
8. Se puideses mellorar esta paisaxe, que cambios farías?
9. Describe esta paisaxe con tres adxetivos calificativos
10. É un espazo moi visitado? Por que cho parece?
11. Se tiveses que describir este lugar musicalmente, que tipo de música cres que sería o máis axeitado?